Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Fundación CEL presenta unha nova convocatoria dos seus premios á innovación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Fundación CEL presenta unha nova convocatoria dos seus premios á innovación

Fernando Sarasketa
Publicado: 06/11/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

PRESENTACION_DOS_XII_PREMIOS.jpgA Fundación CEL presentou a nova convocatoria dos seus galardóns encamiñados a salientar a vertente máis innovadora do noso tecido produtivo. Máis polo miúdo, trátase da duodécima edición dos Premios Anuais á Iniciativa, á Actividade e á Promoción empresariais, certame centrado na provincia de Lugo e dirixido a “resaltar a achega socioeconómica das empresas que traballan neste eido xeográfico”. Os encargados de presentar esta nova edición foron José Luis Otero (responsable da comisión de Premios e Xurados do Padroado da Fundación CEL), Rodolfo Ojea (coordinador da entidade) e Ana Centeno (axente de emprego da plataforma). Durante o acto, amais do fondo e o contido, amosouse tamén a forma: unha imaxe identificativa, real e virtual, creada polo estudo de deseño gráfico e web Sond3, empresa xurdida ao abeiro do lanzadeira de empresas da Fundación.
Máis en detalle, a representación visual do concurso consiste nun arbusto con diferentes pólas que suxiren o medre das novas empresas.
Ademais de presentar o traballo gráfico, fíxose fincapé nas axudas que achegan os ditos premios (económica ou de asesoramento especializado dentro do viveiro da fundación) e no alto nivel de participación no certame acadado en anos anteriores (dende 1997 aspiraron aos galardóns catrocentas candidaturas). Asemade, salientouse o feito de que moitos dos premiados nas diversas categorías sexan arestora negocios produtivos, como Patatotas, Gimena Ingeniería, Innolact, Falcatruada, Pazo de Orbán, Nuevos Jardines ou Concepto Circo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026
Actualidade

X por fin incorpora controis parentais

26/11/2026
Actualidade

Balidea e a USC organizan unha mesa redonda sobre IA médica responsable

26/11/2026
Actualidade

Galicia contará cun rexistro de condenados por violencia dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?