A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, vén de asinar un convenio de colaboración coas tres universidades galegas mediante o cal lle presta o seu apoio para implantar un sistema de voto electrónico nos seus procesos electorais.
Mediante este acordo, o departamento que dirixe Mar Pereira vaille achegar un total de 150.000 euros ás devanditas entidades académicas.para o desenvolvemento dunha plataforma de voto electrónico única e común, dirixida ao conxunto da comunidade universitaria.
As persoas responsables deste desta iniciativan aseguran que “contribúe á extensión do acceso á Sociedade da Información e do coñecemento e ao desenvolvemento da Administración electrónica, facilitando así mesmo o exercicio dos dereitos e deberes de participación no goberno das universidades”. O sistemam, engaden, “facilitará a participación universal e en condicións de igualdade e de seguridade nos procesos electorais universitarios e servindo de experiencia para a utilización deste sistema en procesos electorais xerais”.
Con este proxecto, a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica avanza no obxectivo de impulsar o desenvolvemento da Sociedade da Información no noso país, no que se refire a servizos públicos de calidade, promovendo a participación e o e-goberno.
Asemade, o convenio coas universidades de Santiago, A Coruña e Vigo terá en conta a necesidade de que os alumnos de educación superior adquiran, xunto coa formación nas súas disciplinas académicas, unha competencia avanzada no uso das novas tecnoloxía como parte da súa cultura cidadá.
En virtude do acordo, a Xunta de Galicia apoiará ás universidades galegas para que poñan en funcionamento as ferramentas informáticas que posibiliten o voto electrónico, sendo o seu principal obxectivo o impulso da administración electrónica nos procesos electorais no ámbito desas institucións académicas.
As universidades, pola súa banda, poñerán en marcha de común acordo un único sistema de votación electrónica que deberá garantir a seguridade, a calidade dos datos e o segredo do voto, ademais de ser auditable.
A achega económica da Xunta de Galicia debe permitir a adquisición de servidores, a elaboración dun programa e adquisición de licenza permanente de voto electrónico, así como o desenvolvemento dun plan de formación e promoción do sistema en cada unha das tres universidades.
A Xunta colabora na implantación do voto electrónico nas universidades galegas
Compartir Este Artigo

