O HTC Tattoo funciona coa interface HTC SensePara achegar a un maior público o sistema operativo Android dende HTC anunciaron hai un par de meses o HTC Tattoo, terminal coa interface HTC Sense que reduce o seu prezo grazas en boa medida ao uso dunha pantalla táctil resistiva de 2,8 polgadas, e que, aínda que vai chegar á España da man tanto de Movistar como de Orange e Vodafone, é esta última a que amosou finalmente as súas cartas, e incorporaron á súa tenda en liña o móbil, que custará 49 euros en portabilidade cun compromiso de permanencia de 18 meses e asociado a unha tarifa plana de datos, podendo reducirse o prezo a 29 euros (ou mesmo a 0 euros) de asociarse a tarifas planas de voz (ou a un consumo mínimo de 25 euros/mes). Tamén será posible adquirilo mediante plan de puntos (por 159 euros máis 750 puntos, chegando a ser de balde por 6.300 puntos).