Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vodafone e Movistar lanzan de xeito simultáneo Internet móbil de ata 21 megas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vodafone e Movistar lanzan de xeito simultáneo Internet móbil de ata 21 megas

Fernando Sarasketa
Publicado: 10/11/2009
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

telefonica_mobil_internet.jpgOs dispositivos como os smartphones pedían a berros servir para algo máis que como híbridos entre móbiles e computadores, algo máis útiles cós primeiros pero limitados en comparación cos segundos por mor dunhas redes propias que non ofrecían as mellores garantías de velocidade. Porén, semella que unha parte dos atrancos veñen de ficar atrás, e máis se atendemos ao anuncio feito hoxe a dúas bandas (pero non en compañía) por Telefónica e Vodafone no que (entre outras cousas) dáse a coñecer a posta en marcha do seu servizo HDPA+, dixirido a acurtar a distancia funcional que afasta aos dispositivos con conexión telefónica dos aparellos con rede fixa ou Wi-Fi.
Máis polo miúdo, o servizo pon en xogo unha conexión por móbil a Internet a unha velocidade de 21 megabit por segundo (Mbps), o que achega unhas condicións tres veces mellores cás que subministra a rede que coñecemos. Isto significa basicamente dúas cousas: que a competencia entre as dúas operadoras vai subir un novo chanzo (veñen de entrar nun deses mercados nos que se entra xeralmente fregando unha palma da man contra outra) e que para descargar unha película non teremos que pedir un día libre. En detalle, poderemos facelo en aproxidamente cinco minutos se o filme en cuestión non vai alén dos 700 megas.
Imos dar conta agora das achegas concretas de cada unha das operadoras:
· Telefónica. Pon en marcha o seu servizo esta mesma semana. Ao parecer, só estará dispoñible nun principio para o eido das empresas, e, de estas, unicamente as que teñan sede en Madrid e Barcelona. Segundo contan medios como El Pais, está previsto que ao longo do ano que vén a tecnoloxía se vaia asentando nas cidades de máis de 250.000 habitantes, o que loxicamente incluiría á Coruña e a Vigo. Deste xeito, e (todo sexa dito) axudando ben pouco a superar fendas dixitais entre os espazos urbanos e os rurais, a finais de ano tódalas grandes cidades do Estado español terían acceso á tecnoloxía, o que represnta o 70% da poboación.
Respecto a prezos, Movistar achega unha tarifa plana para particulares de 49 euros ao meso con fluxo ilimitado de de datos ata un tope de 10 xigas. A partir de aí, as condicións de acceso caen ata os 128 Kbps.
· Vodafone semella asumir un camiño menos corporativo e menos limitado dende o punto de vista xeográfico. A partir de hoxe mesmo, a empresa achega velocidades de 14,4 Mpbs en Barcelona, Madrid, Zaragoza, Valencia, Bilbao, Sevilla e Málaga, e non só para empresas senón para tódolos tipos de clientes. Asemade, achegaralles accesos de 21 Mpbs ás áreas de tráfico denso de poboación. A idea é aplicalo todo en breve ás 30 principais cidades. Polo que atinxe aos custes, dicir que a operadora achega a Tarifa Plana Navega Plus para acceder a Internet (unicamente) por 39 euros, con tráfico sen límites ata os 4 xigas. Asemade, Vodafone pon en xogo a Tarifa Navega e Fala, por 49 euros, que, como o seu propio nome indica, tamén deixa marxe para facer chamadas a fixos nacionais, sendo as condicións de fluxo de datos exactamente iguais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026
Actualidade

X por fin incorpora controis parentais

26/11/2026
Actualidade

Balidea e a USC organizan unha mesa redonda sobre IA médica responsable

26/11/2026
Actualidade

Galicia contará cun rexistro de condenados por violencia dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?