Despois de máis de medio ano e máis de 25.000 kilómetros de xira ás costas achegándolle as claves tecnolóxicas da televisión de alta definición (HDTV) aos técnicos e instaladores de España, Portugal, Reino Unidos e Irlanda, o Tour HDTV de Televés chega á Universidade.
A unidade móbil desta empresa galega, que aparcou hoxe no campus universitario de Elche para levar a cabo demostracións técnicas perante estudantes de enxeñaría da Universidade Miguel Hernández, permañecerá alí durante todo o día, e irá recibindo grupos de dez en dez alumnos ao longo de toda a xornada.
Os técnicos de Televés mostrarán, entre outras cousas, como captar o sinal de alta definición dende o satélite, como medir os seus diferentes parámetros ou como procesalo para que chegue en perfectas condicións á pantalla, todo iso sen descoidar a calidade da imaxe e de son que pode ofrecer coa súa propia tecnoloxía.
As demostracións lévanse a cabo con equipos desenvolvidos e comercializados por Televés, como a antena DAT HD, o medidor de campo H45 ou as cabeceiras T05, produtos dos que temos falado na nosa web.
Aínda que se prevé que a maior parte dos estudantes que se acheguen a esta unidade móbil sexán de Enxeñaría de Telecomunicacións, Televés está aberta a todo tipo de persoas, con independencia dos estudos que cursen e da idade das mesmas.
O horario das demostracións será de 9 da mañá a 7 da tarde.
Mañá xoves, a experiencia trasladarase á Universidade de Alicante, coa Escola Politécnica Superior como anfitriona do evento, onde levará a cabo as mesmas demostracións prácticas e no mesmo horario que en Elche.
A presenza do Tour HDTV de Televés na Universidade Miguel Hernández e na Universidade de Alicante é posible grazas á colaboración de ambas as dúas entidades académicas, e a empresa galega quere demostrarlle o seu agradecemento“brindándolle aos estudantes destas universidades, unha intersante oportunidade de achegarse ao uso práctico de tecnoloxías punteiras que forman parte da súa formación académica”.
O Tour HDTV de Televés chega á Universidade
Compartir Este Artigo

