El Muelle Servicios Hosting SL, empresa galega experta en novas tecnoloxías e servizos informáticos con sede na Pobra do Caramiñal, vén de anunciar que do vindeiro 4 ao 8 de decembro, asistirá a Integra Madrid, a Feira de Produtos e Servizos para Inmigrantes, onde presentará o seu servizo especial para este colectivo: a web www.llamaralextranjero.es.
Trátase dun servizo de baixo custe de liñas 902 para chamadas internacionais a través de Internet, dirixido especialmente aos emigrantes, que pemite que este colectivo poida chamar a calquera persoa ou número extranxeiro sen necesidade de pedir altas, facer prepagos ou comprar tarxetas, dende o seu propio teléfono e coa compañía de sempre.
Estre servizo, que funciona por medio dunha chamada ao 902 999 006, ten un custe de tan só 0,04 céntimos o minuto en horario reducido e de 0,06 céntimos en horario normal, prezos que soen corresponderse cos de chamadas provinciais.
El Muelle asiste a este evento co apoio do IGAPE e da Consellaría de Economía e Industria e alí, compartirá espazo coas máis importantes empresas do sector español, Embaixadas de varios países e Fundacións de nivel Nacional e Internacional.
Tecnoloxía galega na Feira Integra Madrid
Compartir Este Artigo

