Os dominios .es están de aniversario, cumpren 20 anos, e para celebralo, red.es, a entidade pública empresarial encargada de executar os proxectos relacionados con esta iniciativa, vai organizar un concurso para galardoar a aquelas webs que destacasen pola súa calidade, repercusión mediática ou número de seguidores ao longo destas dúas décadas dende o rexistro do primeiro dominio español, alá polos anos noventa.
O principal obxectivo destes premios, que se entregarán nunha gala organizada no marco de FICOD 2009, é recoñecer o labor tanto dos particulares como das empresas que apostaron polas novas tecnoloxías e construíron e mantiveron estas webs ao longo de todos estes anos.
A accesibilidade, a novidade, a representatividade ou, incluso, a creatividade, son algúns dos criterios que o xurado, presidido polo director de red.es, Sebastián Muriel, tivo en conta para avaliar ás preto de 100 webs que se presentaron ao concurso.
Asemade, o xigante americano Google, vai participar na gala entregando un premio especial a un dos galardoados, consistente nun cheque por valor de mil dólares de publicidade de balde nun dos seus servizos estrela, o Gooble AdWords, que permite que calquera empresa anuncie a súa páxina web no popular buscador.
Hoxe en día hai máis de 1.100.000 dominios .es, unha cifra que supera á de outros indicativos, poñendo de manifesto que os internautas españois prefiren os dominios .es.
Os dominios .es celebran o seu 20º aniversario, con premios para as mellores webs
Compartir Este Artigo

