A aplicación de Spotify para terminais con Android vén de actualizarse á versión 0.3.24, que xa está dispoñible de balde a través do Androi Market e que incorpora interesantes novidades coma o soporte de URI (permitindo abrir e compartir ligazóns de Spotify a través de e-mail, SMS, Facebook, Twitter…), actualiza o seu reprodutor para amosar as capas dos discos dun xeito semellante a coma fai o iPhone, faise compatible co Android 2.0 (para poder operar no novo Motorola Droid) e incorpora un widget para a pantalla de inicio, que facilita o control de Spotify dende o propio menú do móbil.
Nova versión de Spotify para Android
Compartir Este Artigo

