Os usuarios de terminais telefónicos baseados no sistema operativo Android poden gozar dunha nova aplicación de balde desenvolvida por NetDragon Websoft chamada 91 Panda Firewall (nada que ver coa compañía española de seguridade informática) que permite bloquear chamadas entrantes, filtrar as mensaxes de texto e incluso amosar a localización da persoa da que recibimos unha chamada, contando tamén con perfís de xeito que podemos definir distintas regras que se adapten a distintas situación.
Este tipo de aplicacións non só podería evitar que nos molestase unha chamada durante unha xuntanza, senón que tamén serviría para desfacernos das SMS publicitarias, polo que podemos entender que sería unha especie de aplicación de seguridade para o móbil, e non sería raro que no futuro estea normalizado o uso de ferramentas semellantes.
Unha aplicación permite bloquear chamadas e mensaxes en móbiles con Android
Compartir Este Artigo

