Nos últimos anos era bastante frecuente o rumor de que Google preparaba un servizo de almacenamento de datos en liña a xeito de unidade virtual que podería responder ao nome de GDrive, pero finalmente non concretouse nunha realidade, e o que anuncian agora é que nunhas poucas semanas van a permitir que os usuarios de Google Docs poidan cargar neste servizo ficheiros de ata 250 Mbytes que non sexan só documentos ofimáticos, facilitando así a súa compartición entre usuarios (posto que son arquivos demasiado grandes para remitirse por correo electrónico) e evitando que a xente teña que cargar con memorias USB para poder acceder a ese tipo de ficheiros.
Inicialmente o servizo conta cunha capacidade de 1 Gbyte, pero será posible ampliar este espazo mediante o pagamento de 3 euros anuais por cada Gbyte adicional.
Google Docs permitirá o almacenamento de calquera tipo de ficheiro
Compartir Este Artigo
