Mentres Google non lanza unha aplicación para Android que permita acceder ao servizo Google Documents con certa solvencia, podemos optar por unha ferramenta de balde chamada GDocs, que é un editor/visualizador para o devandito servizo que permite crear, editar, ver, importar, exportar e enviar documentos, xestionar múltiples contas de usuario, ver documentos PDF e sincronizar documentos automaticamente. Funciona dende Android 1.5 e superior, aínda que polo momento só está dispoñible en inglés, francés, alemán, húngaro, noruego, ruso e romanés, aínda que agardan que en breve estea dispoñible en moitas máis linguas grazas á contribución dos seus usuarios.
GDocs leva Google Documents aos móbiles con Android
Compartir Este Artigo

