Confirmando os rumores existentes dende hai varias semanas, nas últimas horas anunciouse a primeira versión final da aplicación oficial de WordPress para terminais móbiles baseados en Android, de xeito que os usuarios poden descargar de balde do Android Market esta potente ferramenta de administración de blogs que permite administrar múltiples bitácoras de Internet, deixa moderar e responder comentarios, conta con funcións para a creación e edición de entradas nos blogs (incluíndo categorías, etiquetas e fotografías) así coma páxinas e por último, e quizais máis importante, permite a notificación de novos comentarios na barra de notificacións de Android, o que facilita o mantemento de blogs dun xeito máis práctico que as versións desta aplicación para iPhone e Blackberry.
Tras esta primeira versión, dende WordPress están a buscar usuarios que poidan probar a vindeira versión desta ferramenta de administración de blogs. Tamén podemos facernos unha idea do que ofrece WordPress para Android 1.0 no seguinte vídeo: https://videopress.com/v/wp-content/plugins/video/flvplayer.swf?ver=1.15
WordPress estrea aplicación para móbiles con Android
Compartir Este Artigo

