Os servizos de mapas de Google cada vez amosan máis prestacións, aínda que algunhas teñen limitacións xeográficas coma Google Transit, que estaba presente en Madrid e Asturias e agora chega a Valencia grazas á colaboración coa Empresa Municipal de Transports e o Metro de Valencia, o que facilita a planificación de rutas metropolitanas facendo uso do transporte público.
O sistema calcula o tempo que levarán os nosos desprazamentos, informará dos transbordos a realizar e presentará datos coma o tempo de espera, todo isto moi útil tanto para o cidadán coma para o turista.
Google Transit axuda a facer uso do transporte público en Valencia
Compartir Este Artigo
