Unha das grandes decepcións tecnolóxicas nos últimos anos foi sen dúbida o servizo de Second Life, que prometía ser toda unha revolución na Internet creando un mundo virtual no que crear novas experiencias que ían dende festas ata conferencias, pero que pouco a pouco foi desinflándose, en boa medida porque sumou menos usuarios que moitas plataformas de chat e sostiña boa parte do seu modelo de negocio na presenza de grandes compañías no seu mundo virtual que non atoparon xeitos de recuperar o seu investimento ao adquirir illas e montar establecementos tridimensionais (agás pola repercusión nos medios de comunicación que tiña a súa aposta pola innovación).
Agora, para evitar caer no esquecemento, dende Second Life deciden renovarse, e estrean en probas a versión 2.0 do seu visor, a aplicación que hai que instalar no ordenador para entrar neste mundo virtual, que simplifica considerablemente a súa interface, presenta unha aparencia máis atractiva e intégrase con varias redes sociais.
O novo visor de Second Life está xa dispoñible para Windows, Mac OS X e Linux, aínda que para facernos unha idea das súas novidades tamén podemos ver o seu vídeo de presentación:
Second Life renóvase
Compartir Este Artigo

