O navegador web Opera 10.50 chega á súa versión definitiva para Windows, agardándose en breve a chegada das súas versións para Mac OS X e Linux, situándose á cabeza das aplicacións deste tipo no tocante á velocidade, e tomando unha aparencia que cada vez lembra máis ao Google Chrome.
As melloras desta entrega do Opera veñen provocadas en boa medida pola adopción dun novo motor de JavaScript (Carakan) e a libraría gráfica Vega, pero tamén é de agradecer que mellore o seu soporte de HTML5 e CSS, así coma o feito de que os usuarios de Windows 7 e Vista gozan dunha mellor integración co seu escritorio (soportando Aero Glass, Aero Peek e as Jump Lists).
Entre as novidades do Opera 10.50 tamén está a posibilidade de abrir sesións de navegación privada en novas pestanas (non só en novas fiestras).
O navegador web Opera 10.50 inclúe importantes melloras de velocidade
Compartir Este Artigo

