Aínda que os usuarios de a pé teñamos que agardar a xuño para poder gozar do novo Microsoft Office 2010, a compañía de Redmond está a preparar un evento de presentación para o 12 de maio, de xeito que nesa data será cando as empresas que conten con licenzas por volume poderá facerse coa renovación deste paquete ofimático de Microsoft.
Amais, cómpre lembrar que os usuarios que adquiran a partires de agora o Office 2007 terán unha actualización de balde ao Office 2010, aínda que recoméndase verificar tal no momento da compra do software.
As empresas poderán actualizarse a Office 2010 a partires do 12 de maio
Compartir Este Artigo

