Nas últimas semanas múltiples servizos na web (coma Google Wave) están a apostar pola xeolocalización, de xeito que as anotacións dos seus usuarios poidan rexistrar a posición xeográfica dende a que se realizaron, e nesta liña tamén avanza Twitter, que dende hai varios meses permitía que este tipo de prestacións a través da súa API oficial (para que as aplicacións alleas ao servizo puideran facer uso desta nova característica) e, finalmente, adoptou a xeolocalización na súa páxina web, de xeito que cando un usuario remita un tuiteo coa xeolocalización activada, o seu comentario amosará unha icona que, ao picar sobre a mesma, abre un pequena mapa no que márcase a ubicación da anotación.
Pero as novidades non quedan aí, senón que Twitter tamén comezou a utilizar o seu propio abreviador de ligazóns (twt.tl) por motivos de seguridade e agora tamén amosan unha especie de ficha cos datos de cada usuario se situamos o punteiro do rato sobre o seu avatar, o que serve para achegar información e para iniciar dende alí accións coma citar a un autor ou reenviar unha mensaxe súa.
Twitter adopta oficialmente a xeolocalización
Compartir Este Artigo
