
A fragmentación supón un grande problema para Android, pois a posibilidade de que existan aplicacións que funcionen nuns terminais si e noutros non limita o público potencial das mesmas e discrimina aos usuarios, pero cando isto deixe de ser así permitirá que Android poida comezar a competir dun xeito máis serio co iPhone OS coma plataforma de aplicacións móbiles.
Pese a que estamos na versión 2.1 de Android, aínda chegan ao mercado terminais coa versión 1.5, e fabricantes e operadoras están a demorar moito a actualización de Android, polo que están a traballar na posibilidade de segregar algúns elementos do sistema operativo para integralos nas aplicacións, o que permitiría o uso das mesmas en terminais que non estean actualizados.
Google traballa en solucionar o problema de fragmentación de Android
Compartir Este Artigo
