Nos últimos días a App Store recibiu no seu catálogo de aplicacións o Supermercado El Corte Inglés, que está a gozar de grande popularidade por permitir elaborar listaxes de compra para levar o iPhone, iPod Touch ou iPad, que poden crearse manualmente ou en base a algunhas das máis de 300 receitas de cociña incluídas na aplicación.
A aplicación facilita o achegamento de 2.000 ofertas de produtos de El Corte Inglés (con datos actualizados), conta cun glosario con 200 termos gastronómicos e consellos e trucos dos mellores chefs… e todo isto de balde, factor esencial no éxito desta ferramenta.
Unha aplicación para o iPhone facilita a compra en supermercados de El Corte Inglés
Compartir Este Artigo

