Durante as VII Xornadas de Blogs e Medios de Granada presentaron o segundo informe sobre o estado da blogosfera hispana elaborado por Bitacoras.com, para o que analizaron 417.371 blogs, 6.344.246 entradas, 35.289.497 ligazóns e 157.773 blogueiros rexistrados con perfil completo, o que permitiu concluír que o perfil do blogueiro hispano é un home de entre 25 e 34 anos, localizado principalmente en España, México, Arxentina e Chile, que escribe máis dunha bitácora sobre temas de actualidade, Internet, música e curiosidade e que publica os días laborais pola tarde.
Reafirman datos do estudo anterior, coma o feito de que só un 5,41% dos blogs hispanos actualízanse con certa frecuencia, e só o 3,20% son realmente activos. Tamén confirman que Twitter é o principal complemento da actividade blogueira, especialmente para tratar temas de actualidade.
Dende Bitacoras.com tamén aseguran que «a blogosfera hispana ten un alto compoñente endogámico» pola súa frecuente referencia ao propio medio, utilizando tamén esta plataforma coma «vía de denuncia social e prescrición», o que quedou patente co manifesto contra a Lei de Economía Sustentable.
Publican o segundo informe da blogosfera hispana
Compartir Este Artigo
