A división británica de T-Mobile está a preparar xunto con Saffron Digital o lanzamento dun servizo de cine baixo demanda para os terminais con sistema operativo Android HTC Desire, que durante o seu lanzamento este mesmo mes contará con películas da Warner Bros, ofrecendo 2 filmes de balde a elixir entre 8 (entre os que hai éxitos coma Harry Potter y el Secreto del Príncipe ou Resacón en Las Vegas) a todos os que merquen ao operador un terminal HTC Desire.
Con este novo servizo os usuarios terán dispoñibles as obras para a súa visualización durante 48 horas, tanto no móbil coma no PC. O prezo das películas será de 3,49 libras esterlinas (3,97 euros) para as novidades e 2,49 libras (2,83 euros) para filmes vellos.
Dende T-Mobile aseguran que elixiron o HTC Desire para o lanzamento desta plataforma de vídeo baixo demanda porque pensan que vai ser «un dos nosos terminais máis populares en 2010», aínda non sería de sorprender que simplemente apunten a un terminal baseado en Android coa vista dos múltiples dispositivos que estarán baseados nesta plataforma (entre os que abundarán os tablets).
T-Mobile prepara unha plataforma de vídeo baixo demanda para o HTC Desire
Compartir Este Artigo
