Os programadores teñen cada vez máis facilidades para publicar as súas creacións en plataformas móbiles, de xeito que o Android Market e a App Store son pasarelas moi atractivas para a comercialización de aplicacións ás que agora únese a plataforma Vodafone 360, que a través da web JIL.org permite aos desenvolvedores a creación de pequenas aplicacións facendo uso de tecnoloxías web abertas.
Nesta plataforma poderase definir o prezo das aplicacións (entre 0,49 e 9,99 euros) do que o 70% irá para o creador e o 30% para Vodafone, gozará dun proceso de revisión transparente (que promete un prazo de 10 días para a aprobación das aplicacións) e de información exhaustiva sobre as vendas de cada aplicación.
Polo momento hai uns 50 modelos de terminais telefónicos compatibles coa tenda de Vodafone 360, entres os que non só están os Vodafone 360 H1 e M1, senón que tamén figuran terminais de Samsung, Nokia e Sony Ericsson.
Vodafone 360 permitirá o desenvolvemento de aplicacións a través de JIL.org
Compartir Este Artigo
