A versión 2.0 de Android abriu a porta a Google Maps Navigation, un sistema de navegación GPS de balde baseado nos mapas de Google que provocou toda unha revolución (de xeito que Ovi Maps tivo que converterse nun servizo gratuíto para sobrevivir) que polo momento está limitada a EE.UU., pero nas últimas horas varios usuarios británicos con terminais Android (coma o Nexus One ou o HTC Desire) están a dar conta de que Google Maps Navigation 4.1.1 Beta xa opera sen problemas dende o Reino Unido, no que parece que será o comezo do desembarco desta funcionalidade en Europa, o que era de agardar posto que o mes de abril é o fixado por Google para traer o Nexus One ao Vello Continente.
Este sistema de navegación permite o acceso a mapas actualizados, localizar negocios, visualizar o estado do tráfico (nalgunhas localidades), ver mapas 2D, vistas de satélite ou imaxes a pé de rúa e incluso realizar buscas valéndose da voz, aínda que esta última funcionalidade descoñecemos se funcionará pronto en linguas distintas do inglés.
Demostración do funcionamento do Google Maps Navigation no Reino Unido
O navegador GPS de balde de Google comeza o seu desembarco europeo
Compartir Este Artigo
