O Play Center (establecemento Premium Reseller de Apple) sito na coruñesa rúa de Federico Tapia, 43, acollerá o vindeiro venres ás 19:00 horas un seminario impartido polo avogado do Bufete Pintos y Salgado e autor dun popular blog na páxina web de La Voz de Galicia, Víctor Salgado, quen ilustrará aos asistentes sobre o marco legal da Internet e os aspectos xurídicos básicos que debemos coñecer: privacidade, seguridade, propiedade intelectual… Tamén achegará ao novo paso que suporán as novas tecnoloxías de Apple na relación dos usuarios coa Rede.
Os interesados poden inscribirse nun formulario en liña ou chamando ao número de teléfono 902 922 353.
Seminario sobre o marco legal da Internet en A Coruña
Compartir Este Artigo
