A nova versión do Messenger é vai moito máis aló do chatSteve Ballmer, máximo responsable de Microsoft, presentou onte no Brasil a última versión do Windows Live Messenger, o que suporá unha importante actualización para esta plataforma de mensaxería instantánea que supera os 320 millóns de usuarios en todo o mundo enviando 10.000 millóns de mensaxes ao día, e que agora enriquecerá as conversas tecendo relacións con outras redes sociais baseadas en Facebook, MySpace e LinkedIn, permitindo que os amigos compartan, comenten e envíen mensaxes por medio destas redes a partir do Messenger. Amais o usuario tamén poderá integrar información doutras páxinas web coma Flickr ou YouTube, de xeito que as actualizacións nestas plataformas poderán recibirse no Messenger, xuntando todo nun único lugar, o que semella a transformación de Windows Live nunha plataforma de redes sociais. Entre as novidades anunciadas por Ballmer están as seguintes: – Chat en vídeo de alta definicón (e a pantalla completa) – Integración de resultados de Bing – Messenger Connect (permite integrar o Messenger en páxinas web) – Destaca a actividade en redes sociais dos nosos amigos – Unificación de listaxes de contactos – Actualizacións de estado sincronizadas – Messenger no móbil Desta última característica destaca especialmente o feito de que o Messenger vai estrear versión para o iPhone, e dende Neowin publicaron varias capturas de pantalla desta versión, que debería estar dispoñible a partir do mes de xuño, cando saia oficialmente o Windows Live Wave 4. Así será o Messenger no iPhone