O vindeiro día 10 Vodafone incorporará ao seu catálogo de móbiles o terminal Palm Pixi Plus, que pese ás incógnitas sobre o futuro de Palm tras a súa potencial venda a HP, é un móbil moi interesante para que busque un terminal con teclado QWERTY, pantalla táctil, alta conectividade e un deseño compacto. A este novo móbil non lle falta o GPS, a conectividade Wi-Fi, unha cámara de 2 Mpíxeles con flash LED, 8 Gb de almacenamento e sensores de proximidade e luz ambiental.
O Palm Pixi Plus estará dispoñible dende 0 euros para novas altas e portabilidades, podéndose adquirir tamén a través do programa de puntos para clientes actuais de Vodafone. Queda por coñecerse se Vodafone incluirá na súa oferta de terminais tamén o interesante Palm Pre Plus, pois o seu predecesor está a ser distribuído por Movistar.
Vodafone comercializará o Palm Pixi Plus
Compartir Este Artigo
