
Esta nova ferramenta será de especial utilidade para blogueiros, que agora terán máis doado trasladar comentarios realizados en Twitter aos seus cadernos electrónicos, permitíndolles manter a súa identidade. Teremos aí unha especie de captura de pantalla interactiva, coa que é posible interactuar coma se estivésemos lendo o tuiteo dende a propia web de Twitter.
Cómpre advertir que o servizo está a ter problemas para funcionar nas últimas horas, pola vaga de usuarios que están a probala, e os seus responsables tamén aseguran que deberán pulila, entre outras cousas, para reducir o tamaño do código embebible.
Facilitan a publicación de tuiteos en páxinas web
Compartir Este Artigo
