Durante un evento para o sector editorial en New York, Chris Palma, responsable para desenvolvemento de contido estratéxico de Google, anunciou o plan da súa compañía de lanzar o servizo Google Editions a partir de xuño e xullo, e que permitiría a descarga de copias de libros que atopen mediante Google Books, diferenciándose doutras plataformas no feito de que o usuario non poderá descargar os libros adquiridos, senón que deberán lelos mediante un acceso á Rede, o que podería verse como unha boa medida anti-piratería, quedando por detallarse se estariamos ante unha plataforma exclusivamente web ou apoiada por aplicacións para certos dispositivos coma o iPhone ou o iPad.
Google tamén permitirá a outros distribuidores vender os seus libros a través de Google Editions, a cambio dunha comisión por venda, aínda que sen detallar os prezos. Inicialmente o servizo podería contar cun catálogo de entre 400.00 e 500.000 obras comerciais, superando amplamente o tamaño do catálogo de obras descargables para eReaders de Sony ou Amazon.
Google entrará no verán no negocio dos e-books
Compartir Este Artigo
