O buscador Google está a mudar a aparencia do seu buscador, engadindo á esquerda dos resultados de busca un panel intelixente que amosará distintas opcións en función do que busquemos, á vez que tamén modificou o seu logotipo (eliminando sobras e modificando lixeiramente as súas cores), de xeito que esta metamorfose primaveral resulta bastante evidente, e non afecta só á versión de escritorio do buscador, senón que tamén espallaríase a dispositivos móbiles coma o iPhone.
A renovación da interface de Google irase espallando globalmente a 37 idiomas, e supón a confluencia de múltiples innovacións incorporadas nos últimos anos, como a busca universal, o panel lateral de opcións de busca ou Google Squared, que integráronse con comodidade no novo deseño de Google.
Vídeo oficial de Google no que dan conta da súa nova interface
Google muda a súa interface
Compartir Este Artigo
