Esta semana o ex presidente do Goberno de España, José María Aznar López, estreou páxina web, un novo espazo virtual no que recompilan as súas intervencións, actividades e outras informacións como as súas referencias na prensa ou os seus libros, así coma unha selección de imaxes e vídeos do que fora o líder do Partido Popular.
Cómpre destacar que esta páxina pode verse só como un centro de consulta de información sobre Aznar, pois está pechado aos comentarios dos internautas (incluso na canle de vídeo en YouTube asociada á nova web), algo habitual ao publicar información dun persoeiro tan polémico coma o ex presidente. Tamén podemos subliñar que os contidos están parcialmente traducidos ao inglés, o que parece bastante consecuente coa traxectoria de Aznar nos últimos anos, nos que incorporouse ao Washington Speakers Bureau e impartiu numerosos relatorios na Universidade de Georgetown.
José María Aznar estrea páxina web
Compartir Este Artigo
