
Jared Friedman, co fundador de Scribd, asegura que tomaron esta decisión porque cren que «HTML5 achega unha experiencia de lectura dramaticamente mellor que Flash. Agora calquera documento pode converterse nunha páxina web».
Entre as vantaxes de adaptar os contidos a HTML5 estaría o feito de que os documentos non terían que descargarse para a súa visualización (respectando os seus dereitos de reprodución) e serían compatibles con funcións coma o zoom para ampliar o tamaño do texto. Amais, os documentos tamén poderían compartirse a través de redes sociais (principalmente porque ao ser páxinas web, sería posible establecer ligazóns a páxinas ou apartados en concreto dos mesmos) dando pé a unha experiencia moi semellante á de YouTube co vídeo.
En Scribd levarían medio ano a traballar no seu visualizador de documentos baseado en HTML5, e agora consideran que xa é posible dicir adeus ao Flash para a visualización dos seus contidos, pois segundo Friedman, o 97% dos navegadores web soportarían a visualización de documentos en Scribd na súa versión en HTML5, e mesmo poderían incrustarse noutras webs utilizando a etiqueta IFRAME.
Scribd prepárase para mudar de Flash a HTML5
Compartir Este Artigo
