Esta semana vai ter lugar no Xapón un encontro internacional organizado por Fujitsu no que poderá verse a súa nova tecnoloxía de papel electrónico que supón un avance significativo con respecto ao eReader con pantalla de cor FLEPia, pois consegue cores brillantes, unha relación de contraste 7:1 e un tempo de refresco da imaxe de 0,7 segundos para unha pantalla cunha resolución de 1.024 x 768 píxeles.
Con esta tecnoloxía o fabricante nipón conta cunha interesante alternativa á tecnoloxía de E Ink, que actualmente só presenta en pantalla distintos niveis de gris, mentres que cos novos paneis de Fujitsu será posible reproducir imaxes en cor, facilitando a creación de dispositivos que poidan empregarse non só para a lectura de textos, senón tamén para a publicación de revistas e comics, aínda que non anunciaron o tempo que tardarán en chegar ao mercado.
Fujitsu amosa a súa nova tecnoloxía de papel electrónico de cor
Compartir Este Artigo
