O navegador web da Fundación Mozilla está en constante evolución, e a súa vindeira grande iteración, Firefox 4, pese a estar a varios meses do seu lanzamento, vai por bo camiño, coma amosou Mike Meltzner (de Mozilla) nunha presentación na que expón os plans para este nova versión da principal alternativa ao Internet Explorer, e que tería coma principais obxectivos a velocidade, a potencia (cun maior soporte de estándares coma o HTML5) e o control por parte do usuario.
Non é moi normal que os obxectivos dun produto de software coñézanse antes da súa publicación, pero o caso da Fundación Mozilla é distinto, pois buscan a participación do público para mellorar o que buscan que sexa o navegador web do futuro.
Na presentación podemos ver detalles coma que para xuño está prevista unha versión de proba do Firefox 4, e detalles coma que o programa incorporará soporte multi-táctil, xeolocalización, sincronización e moitos outros detalles susceptibles de cambiar de aquí ao lanzamento da aplicación definitiva.
Presentación sobre os plans para o Firefox 4
Adiantan múltiples detalles do Firefox 4
Compartir Este Artigo

