Víctor López, presidente da Asociación de Empresas Galegas Adicadas á Internet e ás Novas Tecnoloxías (EGANET) e Carlos García, tesoureiro da Asociación, mantiveron unha xuntanza con Andrés Hermida Trastoy, director xeral de Promoción do Emprego, ao que presentaron os proxectos de EGANET para a creación de emprego e apoio ao emprendemento no sector TIC, entre as que figuran a ampliación da bolsa de emprego de EGANET (operativa dende hai 6 meses) así como a organización dunhas xornadas para a detección de proxectos empresariais en fase inicial ou embrionaria que poidan colaborar ou incluso fusionarse en iniciativas únicas, o que suporá a creación de proxectos empresariais máis potentes e con maiores posibilidades de éxito e de valor para o sector.
Hermida Trastoy valorou positivamente estas iniciativas e a potencialidade do sector TIC na creación de emprego cualificado e autoemprego.
EGANET dá a coñecer os seus proxectos de fomento do emprego no sector TIC ante o director xeral de Promoción do Emprego
Compartir Este Artigo
