A sede da Confederación Española de Gremios e Asociacións de Libreiros (CEGAL) acolleu a presentación do proxecto Libranda, co que un grupo de importantes editoriais, entre as que están Planeta, Random House, Mondadori e Santillana, únense para a creación da meirande plataforma do mundo de libros dixitais en español e catalán.
Libranda será unha plataforma de distribución de contidos dixitais, ou sexa, unha plataforma B2B «pensada como punto intermedio entre editoriais e libreiros», con prezos negociables entre as distintas partes, que poderían chegar a descontos de ata o 25% nas obras dixitais.
O lanzamento de Libranda estaría previsto para xuño, e podería ser un importante pulo para os e-books en España, por achegar definitivamente contidos ao público, de xeito que os eReaders (e outros dispositivos de lectural) poderán finalmente contar con textos obtidos por canles legais.
As grandes editoriais preparan unha plataforma de libros dixitais en español
Compartir Este Artigo
