Hai un par de meses Apple denunciou a HTC por violación de 20 patentes,
pero dende o fabricante taiwanés non estiveron quietos e decidiron reaccionar denunciando tamén a
Apple por infrinxir 5 patentes relativas á súa tecnoloxía móbil e pedindo ao
Comité Internacional de Comercio que impida a importación e venda do iPad, o iPod
e o iPhone nos EE.UU.
Con este movemento contribúese a enredar a
guerra de patentes sobre tecnoloxías móbiles na que tamén están
involucradas Nokia, Kodak e moitos outros fabricantes.
HTC denuncia a Apple por infrinxir 5 patentes
Compartir Este Artigo
