A consulta da información meteorolóxica dende o móbil é un servizo moi demandado, de aí que non debería sorprendernos que Digital+ decidise ofrecer os contidos de InfoMeteo nunha aplicación para iPhone/iPod Touch que permite consultar a previsión do tempo en máis de 8.000 localidades españolas e do resto do mundo a 10 días vista, facendo incluso uso de xeolocalización (apoiada pola cartografía de Google Maps) e da recepción da canle de televisión que dá nome á aplicación, que pode verse de balde dende os terminais móbiles de Apple.
A aplicación de InfoMeteo para o iPhone pode descargarse de balde da App Store e permite personalizar as localidades preferidas polo usuario para facilitar a consulta da información meteorolóxica relativa ás mesmas.
InfoMeteo estrea aplicación para iPhone
Compartir Este Artigo

