Vietnam estase a converter en todo un pesadelo para Apple, pois un blog local está a publicar distintas filtracións de futuros lanzamentos da compañía coma o iPhone 4G/HD, o último MacBook branco e agora tamén un iPod Touch que incorporaría unha cámara de 2 Mpíxeles e unha memoria interna de 64 Gb.
Estariamos ante un prototipo fabricado por Foxconn, aínda que polo momento non está claro se estamos ante a nova versión do iPod Touch ou ante un produto vello desbotado, posto que no pasado xa apareceran na Rede imaxes dun prototipo de iPod Touch con cámara. O hermetismo de Apple con respecto dos seus novos produtos non permitirá nin desmentir nin confirmar a posibilidade de que o iPod Touch goce de cámara no modelo que podería lanzarse despois do verán.
Vídeo con prototipo de iPod Touch en funcionamento
Aparecen na web imaxes dun prototipo de iPod Touch con cámara de 2 Mpíxeles
Compartir Este Artigo
