A primeiros de ano presentouse Facebook Zero coma unha versión lixeira de Facebook, que reducindo os seus contidos case ao texto puro permiten que as operadoras de telecomunicacións poidan ofrecer aos seus clientes o seu acceso de balde.
Finalmente hoxe estréase o servizo dende 0.facebook.com, permitindo un acceso moi rápido ás características máis importantes de Facebook, coma actualizacións de estado e comentarios, agardándose que chegue de balde a móbiles de máis de 50 operadores ao longo do mundo.
Este novo servizo non supón a desaparición da versión móbil de Facebook (con máis contidos gráficos), senón que mellora as posibilidades de acceso a esta plataforma, especialmente dende países nos que a banda larga móbil aínda non está consolidada, de aí que non sorprenda que España non sexa un dos países incluídos dentro da nova versión lixeira de Facebook.
Facebook estrea unha nova versión lixeira da súa web
Compartir Este Artigo
