Dende ADSLzone.net aseguran que no mes de xuño Movistar vai lanzar unha serie de paquetes de televisión para clientes do iPhone que estarán dispoñibles por dende 4 euros/mes e que serían os seguintes: – Pack fútbol: inclúe Gol Televisión e as seis canles de Tribuna e Multigol – Pack Latino: inclúe TV Colombia, Ecuavisa, N24, Telefe e Sun Channel – Pack TV infantil: formado por 9 canles (coma Cartoon Network ou Boomerang) – Pack TV música: formado por 7 canles (coma MTV ou Sol Latino)
Estes paquetes custarían 4 euros ao mes, aínda que tamén será posible contratar Digital+, con 22 canles de televisión, por dende 5 euros/mes.
Cómpre destacar que a descarga de programas de televisión non computará coma tráfico de Internet dentro da tarifa de datos contratada.
Movistar levará a televisión de pagamento ao iPhone
Compartir Este Artigo
