A aplicación permite estender o escritorio do ordenador ao iPadAvatron Software vén de publicar na App Store (por 7,99 euros) unha aplicación para o iPad que permite converter a pantalla do tablet de Apple nun monitor secundario dun ordenador que funcione con Mac OS X (aínda que en breve lanzarán unha versión que tamén permita esta funcionalidade a equipos con Windows). Air Display comunícase co ordenador a través de Wi-Fi, e podería ser un complemento práctico tanto para un ordenador portátil como a un de sobremesa, e incluso deixa aproveitar as funcionalidades táctiles do iPad (para manexar a calculadora, debuxar, etc.). A aplicación funciona co iPad tanto en vertical coma en horizontal, e pode resultar moi práctica para deseñadores, músicos e programadores, así coma para moitos outros usuarios que queiran aproveitar que teñen un iPad para mellorar a súa produtividade cando están fronte ao seu ordenador.