Actualmente todos os smartphones contan con solucións para ler documentos en formato PDF, pero Adobe vén de lanzar unha versión oficial do seu Reader para Android, de xeito que os terminais con Android 2.1 ou superior que conten cun mínimo de 256 Mb de RAM e un procesador a, coma mínimo, 550 MHz, poderán gozar desta nova aplicación que soporta xestos multitáctiles, desprazamentos laterais e verticais e incluso conta cun modo reflow, que permite axustar o texto dos documentos PDF de xeito personalizado (ou sexa, separando o contido textual da súa maquetación orixinal para facilitar a súa lectura).
A nova aplicación é de balde e no futuro poderase ver en novas plataformas.
Presentación en vídeo do Adobe Reader para Android
Android estrea lector oficial de PDF
Compartir Este Artigo

