Ante a proliferación de aplicacións para iPhone na App Store e para Android no seu respectivo Market, Google decidiu facilitar a súa localización, de xeito que ao realizar buscas dende o móbil aparecerán nos resultados de busca as aplicacións dispoñibles para a nosa plataforma móbil, de xeito que podemos coñecer rapidamente datos básicos de cada aplicación, coma o seu prezo.
Esta funcionalidade só está operativa polo momento dende EE.UU., pero no futuro agárdase o seu espallamento internacional, así coma o soporte de máis dispositivos na busca de aplicacións.
Google facilita a busca de aplicacións no móbil
Compartir Este Artigo
