Que dende o iPhone, o iPod Touch e o iPad non podemos acceder a contidos en Flash non é ningunha sorpresa, pero en vista de que moitas páxinas web teñen banners desenvolvidos con tal tecnoloxía, desenvolveron unha ferramenta chamada Smokescreen e que consiste nun visualizador de contido en Flash para os terminais de Apple facendo uso de JavaScript e HTML5, que polo momento só funciona para animacións sinxelas (as máis habituais nos banners) aínda que precisa do uso dunha libraría en JavaScript de 175 Kbytes de peso, o que pode ser un atranco para accesos de baixa velocidade.
Este proxecto pretende publicarse nas vindeiras semanas baixo unha licenza de software libre, polo que non sería de sorprender que moitas páxinas web optasen por adoptalo, especialmente pensando no iPad e as súas posibilidades para amosar anuncios de certo tamaño e con animacións, coma podemos ver nas demostracións que publican do sistema.
Vídeo de demostración de Smokescreen
Os banners en Flash poderían verse no iPad grazas a un reprodutor desenvolvido en JavaScript
Compartir Este Artigo
