Sorprende que nun momento no que o Android 2.2 está presente no Nexus One e o resto de móbiles con Android están a agardar que lles chegue a súa desexada actualización a Froyo, apareza na Internet a posibilidade de instalar a última versión do sistema operativo auspiciado por Google para o iPhone 3G. Hai que recoñecer que o firmware cociñado para levar Android 2.2 ao móbil de Apple é bastante lento e non soporta todo o hardware do dispositivo (coma o Wi-Fi), pero resulta curioso que sexa posible cambiar o sistema operativo dun móbil tan pechado coma o iPhone, o que tamén será posible para os iPod Touch, o que algúns verán coma unha posibilidade de renovar dispositivos que están agora descontinuados.
Vídeo no que demostran que un iPhone é capaz de correr Android 2.2 |
