A compañía de publicidade móbil Greystripe anunciou que está a colaborar con Adobe para subministrar solucións publicitarias interactivas a Android, iPhone, iPad e o resto da web móbil, o que podemos entender como unha plataforma que converterá os anuncios en Flash a HTML5 para chegar á meirande parte de dispositivos posible.
Esta solución podería ser comparable a iAds de Apple, coa vantaxe de que aproveitaría as creacións en Flash, que son dun uso moi habitual na industria, polo que o seu desenvolvemento resulta moi económico á hora de crear unha experiencia publicitaria interactiva.
Greystripe converterá a publicidade en Flash a HTML5
Compartir Este Artigo
