No pasado gozaba de certa popularidade a rede P2P de intercambio musical Audiogalaxy, pero agora só é unha sombra do que era, aínda que vén de estrear unha interesante aplicación para móbiles con Android que permite que a música sen protección DRM que teñamos no ordenador da casa poida estar dispoñible no móbil a través de Wi-Fi, EDGE ou 3G, de xeito que podemos escoitar a nosa música sen ter que copiala ao móbil, para o que debemos rexistrarnos antes na páxina web de Audiogalaxy.
A aplicación móbil de Audiogalaxy xa está publicada no Android Market, e pode ser interesante especialmente para usuario con móbiles con pouca capacidade de almacenamento ou que simplemente non queiran limitar as súas posibilidades de elección musical, posto que a cantidade de música almacenable nun disco duro dun ordenador actual pode ser inmensa. Podiamos entender esta ferramenta coma un Spotify del balde, aínda que cun catálogo musical moito máis limitado.

Audiogalaxy estrea aplicación para Android
Compartir Este Artigo

