No que parece unha clara inspiración en Bing, a mediados de semana Google incorporou ao seu buscador nos EE.UU. a posibilidade de personalizar unha imaxe de fondo que podería estar na galería de imaxes de Picasa Web Album de cada usuario ou formar parte dunha selección de fotografías de alta calidade publicadas en Picasa, e agora esta prestación chega a España dun xeito bastante rechamante, xa que a moitos usuarios sorprendeulles ver unha imaxe de fondo no buscador, o que non é máis que unha práctica temporal da compañía para dar a coñecer esta funcionalidade, e que en poucas horas deixará de verse agás que o usuario desexe o contrario.
Con esta iniciativa Google persegue que os seus usuarios poidan facer seu o buscador da compañía, con imaxes personalizadas, suxerindo para iso fotografías de alta calidade de grandes artistas coma Yann Arthus-Bertrand (ou mesmo imaxes publicadas por National Geograhic).
Dá a impresión de que esta posibilidade de personalización gráfica da páxina de entrada de Google busca levar ao navegador web a práctica da selección de fondo de escritorio no ordenador (¿quizais pensando no futuro Chrome OS?) e podemos comentar que, se temos o Google en galego, deberemos mudar a lingua a inglés ou español se queremos poder gozar desta nova funcionalidade (aínda que supomos que esta limitación durará pouco tempo).
Chega a España a personalización do fondo de Google
Compartir Este Artigo
