A publicación de vídeos en YouTube mellora as súas opcións de privacidade, facilitando a compartición de contidos entre un grupo reducido de usuarios, de xeito que agora non podemos etiquetar os vídeos só coma públicos (abertos a calquera) ou privados (só para un número reducido de usuarios de YouTube que hai que enumerar concretamente), senón que tamén é posible definir o nivel de privacidade dos vídeos coma non listado, de xeito que calquera pode ver un vídeo se coñece o seu enderezo de Internet, pero non pode atopalo a través do buscador de YouTube nin navegando a través do portal de vídeo de Google, o que resulta moi cómodo para compartir clips de vídeo con amigos, familiares ou compañeiros de traballo, sen deixalos expostos ao público xeral.
YouTube amplía as súas opcións de privacidade
Compartir Este Artigo
