Para potenciar o servizo de vídeos de Google, YouTube vén de incorporar un editor de vídeos que funciona directamente vía web, aínda que cunhas funcións moi limitadas coma serían a combinación de distintos vídeos subidos a YouTube para crear unha nova peza, a posibilidade de cortar o comezo ou o final dos vídeos, incorporar aos clips música da libraría AudioSwap (para evitar conflitos cos dereitos de autor) e poder crear novos vídeos sen preocuparse polos formatos de orixe dos arquivos.
Entendemos así que esta nova ferramenta o que busca e poder mesturar varias pezas curtas para formar un vídeo máis longo, deixando só os momentos importantes, aínda que paulatinamente iranse engadindo novas posibilidades en reacción aos comentarios que vaia facendo o público.
Explicación do funcionamento do editor de vídeo de YouTube
YouTube incorpora un editor de vídeo
Compartir Este Artigo
